O SERGAS convoca Mesa extraordinaria para falar das médicas/os de Urxencias Hospitalarias
Despois da presión realizada diante da Dirección Xeral de RRHH, desde hai máis dun ano, a Dirección Xeral ven de convocar reunión extraordinaria de Mesa sectorial para o martes, 30/01/2024, “coa finalidade de tratar a aplicación do Acordo de melloras retributivas e nas condicións de traballo de data 20/04/2023 ao persoal médico de urxencias hospitalarias”.
Esta non é a convocatoria que agardabamos xa que CIG-Saúde demanda a convocatoria da Comisión de Seguimento do Acordo de Urxencias de abril de 2007 para poder dar continuidade ao seguimento deste acordo.
CIG-Saúde non renunciamos a seguir demandando a convocatoria da Comisión de Seguimento do Acordo de Urxencias de abril de 2007. Mentres esta non se produce, na Mesa Sectorial extraordinaria reclamaremos:
- A valoración da aplicación do Acordo de Urxencias do 2007, tanto nos aspectos económicos como de xornada.
- A análise da aplicación dos plans funcionais de urxencias, e da xornada complementaria real realizada polos profesionais.
- A revisión de complementos salariais do acordo de 2007 para defender o diferencial existente no momento da súa sinatura.
- A aplicación as médicas/os de Urxencias dos acordos de melloras retributivas e nas condicións de traballo de abril de 2023.
- A aplicación as médicas/os de Urxencias doutros acordos de mellora xa acordados ou en trámite de negociación na Mesa sectorial.
- A revisión dos elementos asistenciais que dificultan o traballo das médicas/os de Urxencias: informes Rx, drenaxe de pacientes, etc.
- Os criterios de decisión na creación de novas prazas da categoría de médicas/os de Urxencias e o seu reparto por Áreas sanitarias.
Novas Relacionadas
Actualmente non hai novas