O SERGAS decreta o estado de alarma COVID para as/os traballadoras/es da sanidade pública

  • Sanidade Pública

A imposición de medidas que eliminan o dereito do persoal a desfrutar de vacacións, días librese permisos de
conciliación familiar, estase a facer a través de instrucións que publican as xerencias das áreas sanitarias e que
conteñen medidas tales como:

XERENCIAS

CIG-SAÚDE

Durante o mes de decembro 2021 e Xaneiro do 2022 non se autorizan novas peticións de suspensión voluntaria de chamamentos por parte das persoas inscritas nas listaxes de vinculacións temporais.

É dicir, as xerencias non van permitir que o persoal solicite un período de descanso sen soldo.

A suspensión de chamamentos é a única forma de descansar que ten o persoal contratado, cando leva mais de 2 (dous) anos traballando continuamente, superando a xornada ordinaria que hai que realizar, sen desfrutar vacacións e sen desfrutar as libranzas correspondentes.

De igual xeito que se prorroga o prazo para desfrute de días de libre disposicións e libre disposición adicional ata o 31 de Marzo, ase mesmo se prorroga para os excesos de xornada e vacacións adicionais.

Esta medida xa foi denunciada por CIG-SAÚDE na mesa sectorial. Se o SERGAS denega de xeito continuado as vacacións e días libres, estes non poden caducar.

O que é inaceptable é que o SERGAS diga por un lado que hai persoal suficiente para conceder os días libres, e as xerencias polo outro publiquen estas instrucións. A quen queren enganar!

Vacacións e permisos:

- Con carácter xeral, non se admitirá ningún permiso programable (sen soldo, redución de xornada voluntaria, días libres de descanso pendentes de data alternativa, etc) e días de libre disposición e vacacións (incluídos adicionais), no momento en que se faga efectiva esta resolución.

Que medidas vai tomar o SERGAS para devolverlle ao persoal todas as libranzas e vacacións pendentes durante os últimos 2 anos?

 

Até cando o persoal do SERGAS vai ter que sufrir a mala xestión, pondo en risco a súa saúde?

Unha vez aplicadas as medidas excepcionais previstas nesta Resolución, poderán ser obxecto de revogación os permisos sen soldo autorizados con anterioridade a adopción de medidas extraordinarias e o resto dos permisos por orde de prioridade.

Unha medida que se vai aplicar con carácter retroactivo. É dicir, tamén van suspender as vacacións ou permisos xa concedidos.

Pensa o SERGAS que pode dispor así da vida das/os traballadores, suspendendo os seus dereitos laborais?

Reasignación de efectivos para cubrir atención programada e urxente con persoal propio mediante: o persoal de reforzo nas unidades por riba da plantilla adscrita poderase reasignar a coberturas imprescindibles noutras unidades.

As xerencias van transformar ao persoal nun correquendas permanente, sen importar se o persoal ten ou non experiencia nas unidades ás que vai ser desprazado; ou na situación de estrés que crea no persoal, por non saber en que unidade vai realizar o seu traballo.

Este recorte de dereitos do persoal do SERGAS vai acompañado do roubo dos salarios que Feijóo vén aplicando por decreto desde o ano 2010,  e que volve a incorporar na lei de orzamentos do ano 2022.

Outra xestión de persoal é posible; unha xestión que incorpore mais persoal, que respecte os dereitos laborais do persoal, que protexa a saúde das/os traballadoras/es e que nos devolva os salarios roubados.

Participa, mobilízate, non deixes que poñan en perigo a túa saúde.

Volver