O SERGAS deixa sen soldo ás mulleres embarazadas das listas de contratación

  • Sanidade Pública

CIG-Saúde denuncia o abuso e mal uso que están a facer as distintas Xerencias dos “contratos administrativos” nas mulleres embarazadas.

Esta medida aprobouse, previa solicitude de CIG-Saúde, para garantir que as mulleres das listas de contratación embarazadas en situación de IT e/ ou en permiso de maternidade non perderan servizos prestados.

Na actualidade, as Xerencias utilizan estes “contratos administrativos” para todo, de tal maneira que cando unha embarazada cesa nun contrato formalízanlle un “contrato administrativo”  sen comprobar se está percibindo algunha prestación do INSS, quedando nalgúns casos sen salario.

CIG-Saúde leva meses solicitando do SERGAS un protocolo específico de xestión da contratación para as mulleres embarazadas que regule cando se fan contratos administrativos e cando non.

Ser muller embarazada nas listas de contratación non pode prexudicarnos!!

Volver