O SERGAS destrúe postos de traballo, os profesionais pagan as consecuencias, incrementando o seu traballo a custe cero

  • AgMédica
  • Sanidade Pública

Alegacións á proposta de procedemento de cobertura temporal de postos de FEA das especialidades de Traumatoloxía, Medicina Interna e Radiodiagnóstico.

A situación actual de déficit de profesionais é a consecuencia das políticas de recortes dos últimos anos.

O SERGAS non pode seguir pretendendo que sexan os/as profesionais quen, unha vez máis, resolvan a situación das súas nefastas políticas de persoal a custe cero.

Os problemas de cobertura de profesionais nos Hospitais Comarcais ten mais que ver:

  • coa falta de profesionais,
  • coa reorganización ou desaparición das áreas sanitarias,
  • coa organización que fan as Xefaturas de Servizo dos Hospitais Comarcais en relación cos seus Hospitais de referencia,

que con ser, ou non, un hospital de difícil cobertura.

CIG-SAÚDE defende que a Consellería de Sanidade ten que dar unha resposta global á situación de cobertura nos Hospitais Comarcais que comece por avaliar as medidas de xestión organizativa que se están a tomar nos diferentes servizos.

Por isto, antes de tomar medidas excepcionais, solicitamos do SERGAS información sobre as especialidades deficitarias de FEAS, e as medidas que vai tomar para subsanar esta situación:

a.- Información dos cadros de persoal dos Hospitais Comarcais, dos que o SERGAS recoñece no documento que hai déficit e dos que non aparecen no documento, comparativa do cadro actual co cadro de persoal do ano 2012 (plano de ordenación e recortes).

b.- Xubilacións nas especialidades afectadas producidas desde o ano 2012, e prazas de MIR convocadas e cubertas nesas especialidades, nestes anos.

c.- Previsión de xubilacións nas especialidades afectadas nos próximos 5 anos, e prazas MIR a convocar.

CIG-Saúde entende que para planificar medidas extraordinarias tamén é necesario coñecer:

a.- Os planos funcionais ou planos organizativos deseñados polos/as Xefes/as de Servizo dos hospitais de difícil cobertura para garantir a cobertura dos postos de traballo e a carteira de servizo que se realizaba nestes centros.

b.- Análise e avaliación de como afectou nestes centros a desaparición das áreas sanitarias e a súa dependencia do hospital de referencia.

Desde CIG-SAÚDE propoñemos que na mesa sectorial se negocien as condicións que debe ter un posto de traballo para ser considerado de difícil cobertura, e as condicións laborais e retributivas do persoal que acceda a un deses postos.

Condicións laborais e retributivas:

a.- Negociación da retribución do complemento específico destes postos (o complemento específico retribúe a dificultade do posto).

b.- Permanencia de 3 anos no grao inicial de carreira. E de 4 anos no 1º grao.

c.- Cobro de gardas de presenza, na modalidade de gardas localizadas.

d.- Xornada de traballo, formación continuada, acceso á formación en áreas de capacitación especifica.

Volver