O SERGAS dilata a aplicación da xornada de 35 horas semanais para todas as categorías

  • Atención primaria
  • Mesa Sectorial
  • Sanidade Pública

Empraza a unha negociación no primeiro trimestre de 2025

Na Mesa Sectorial do día 11 de decembro, o SERGAS dilata unha vez mais a aplicación das 35 horas semanais para todos os colectivos profesionais.

O SERGAS acepta que se oferte inicialmente ás/aos profesionais que queiran voluntariamente, a cobertura da xornada dos sábados pola mañá en atención primaria, pero a negociación do sistema que regule esa voluntariedade queda adiado ao primeiro trimestre do 2025 para tratalo nun grupo de traballo.

CIG-Saúde esiximos que se identifique a actividade que se realiza nos distintos ámbitos, tanto de primaria coma de hospitalaria, que colectivos teñen que realizar esa actividade e que se negocie un sistema de voluntariedade para que deste xeito a xornada de 35 horas sexa unha realidade para todos/as.

Ante esta situación, na que o único que temos é unha declaración de intencións, CIG-Saúde chama á participación nas concentracións convocadas por todos os sindicatos da Mesa sectorial (CIG, CSIF, CCOO e UGT) para o día 12 de decembro de 2024 ás 11 horas nas entradas principais dos centros de saúde.

Estas concentracións van englobadas nun calendario de mobilizacións en Atención Primaria e Hospitalaria ata que o SERGAS respecte o acordo do 20 de abril de 2023.

Volver