O SERGAS discrima ao persoal temporal

  • Permisos e licenzas
  • Sanidade Pública

CIG-Saúde esixiu na última reunión da comisión de permisos ao SERGAS que deixe de discriminar ao persoal temporal no desfrute de permisos.

O feito de desfrutar un permiso non pode menoscabar o dereito ao emprego.

O SERGAS mantén na súa proposta as limitacións no acceso aos permisos no persoal temporal.

Manteñen que se ao inicio dun contrato a persoa sabe da concorrencia durante a vixencia do contrato dun permiso non poderá desfrutar deste, obrigando polo tanto a persoa aspirante a unha suspensión de chamamentos.

CIG-Saúde esiximos a retirada desa limitación, e ademais que:

  • No caso dun permiso iniciado nun contrato poderá rematar o desfrute do mesmo no contrato seguinte.
  • Non será motivo para a retirada dun contrato que no inicio do mesmo a persoa traballadora solicite un permiso.
  • Non será motivo para a denegación dun permiso que no inicio do contrato soubera que ía solicitar o permiso.

A xurisprudencia avala a nosa proposta, xa que ningunha persoa pode ser discriminada polo feito de ser temporal.

Por iso desde CIG-Saúde esixímoslle ao SERGAS que rectifique e que recoñeza o desfrute dos permisos a todas as persoas traballadoras con independencia do seu vínculo!!!

Volver