O SERGAS ignora a sobrecarga das/os PSX dos centros e contrata para "novas funcións"
A Atención Primaria, e as súas áreas administrativas, non necesitan "inventos" necesitan solucións
- Atención primaria
- Sanidade Pública
CIG-Saúde levamos anos denunciando a saturación das/os PSX das áreas administrativas dos diferentes centros de saúde e, en lugar de contratar profesionais que permitiran facer fronte a esa saturación, o SERGAS incrementa as súas funcións de xeito exponencial.
Non contentos con esta situación límite, agora o SERGAS contrata 81 PSX no marco dun financiamento que ven do Estado para 3 liñas de actuación en Atención Primaria, unha delas para a mellora integral da atención administrativa.
A estes PSX contratados non se lles permite "aliviar" a carga de traballo das/os compañeiras/os xa que non van poder facer traballo ordinario nas áreas administrativas senón que farán información as usuarias e usuarios sobre o uso de e-Saúde e das novas tecnoloxías.
E, aínda por riba, indícaselles que dirixan as/os usuarias/os ás áreas administrativas para a activación da chave 365, e-Saúde, etc.
É dicir, co seu traballo, van sobrecargar aínda mais aos seus/súas compañeiros/as.
Pois cabe dicirlles tanto ao Ministerio como ao SERGAS que isto non é o que precisan os/as PSX dos centros de saúde:
• Precisan persoal e precisan espazos físicos adaptados onde poidan dar un servizo á cidadanía preservado a intimidade dos/as usuarios/as.
As/os usuarias/os demandan unha atención individualizada e con dereito á intimidade e non soporte tecnolóxico.
Xa está ben de "inventos"!!
O SERGAS debe apostar xa pola Atención Primaria e polas/os profesionais que a integran!!
E non maquillar a realidade intentando "vender" modernidade!!