O SERGAS incrementa horas aos/ás profesionais a custe 0
CIG-Saúde esixiu na Mesa Sectorial que se aborde o déficit de profesionais existente, moi acusado nalgunha categoría, como enfermeiras, e que se leven a cabo medidas que permitan desfrutar das súas libranzas.
- Mesa Sectorial
- Sanidade Pública
Este déficit vén das políticas de persoal do SERGAS que levou durante anos á fuxida de profesionais a outros ámbitos e incluso fóra do país.
Levamos durante toda a pandemia coa denegación sistemática de permisos, reducindo os ratios de persoal nas unidades e/ou servizos...
O SERGAS fixo que os/as profesionais incrementaran as súas horas de traballo sen levar consigo non só recoñecemento profesional senón que tamén unha compensación económica que retribúa cando menos o traballo que se fai.
Ante isto o SERGAS o único que valora é abrir a negociación a uns criterios comúns en canto á cobertura das incidencias, cando hai déficit de profesionais, pero en NINGÚN caso valora abrir a negociar retribucións para as “horas complementarias e prolongacións” para o ámbito hospitalario.
CIG-Saúde defende que a contratación de profesionais debe ser sempre a primeira opción pero, ante a imposibilidade, é necesario que se negocien unhas retribucións de “horas complementarias e prolongacións” en hospitalización, xa que hai profesionais que así as están realizando e se están retribuíndo a menor cantidade que o que debera ser a “hora de xornada”.