O SERGAS incumpre o acordo de xornada do 20 de abril de 2023

  • Mesa Sectorial
  • Sanidade Pública

O ACORDO DO 20 DE ABRIL de 2023 foi un fito para a CIG-Saúde, no que, entre outras cousas, acadouse que o cómputo anual das quendas simples de ma-ñá e/ou tarde quedara establecido en 1.533 horas.

Agora o SERGAS incumpre o acordado, negando este dereito ás traballadoras e traballadores tanto de atención primaria como hospitalaria. Este comportamento despreza o acordo asinado e o esforzo do persoal que traballa na sanidade pública.

CIG-Saúde non o vai consentir!

Na Mesa Sectorial do 17 de outubro, defenderemos que se cumpra o acordado:

  • 1.533 horas para todo o persoal en quendas simples de mañá e/ou tarde.
  • Respecto ás libranzas e descansos que corresponden.

Non descartamos ningunha medida de presión!

A CIG-Saúde non permitirá retrocesos.

Se o SERGAS continúa vulnerando o acordo, haberá mobilizacións.

Todas e todos temos DEREITO AO NOSO CÓMPUTO DE XORNADA e a gozar das libranzas correspondentes.

Non regales o teu tempo. É un dereito!

Volver