O SERGAS incumpre o acordo retributivo de atención primaria do pasado 29 de xuño
Para CIG-Saúde non é suficiente cunha promesa de pago retroactivo esiximos que se retribúa xa
- Atención primaria
- Sanidade Pública
O persoal de atención primaria non cobrou na nómina de agosto as melloras retributivas recollidas no acordo, pese a levar dous meses soportando unha maior sobrecarga.
Para CIG-Saúde non é suficiente cunha promesa de pago retroactivo, esiximos que se retribúa a todos/as os/as profesionais como corresponde xa.
As medidas retributivas acordadas pretendían ser un incentivo para que o persoal de atención primaria incrementara a súa xornada e asumira unha maior carga de traballo.
Con isto, o persoal de atención primaria non ve recompensado o seu esforzo nun verán caracterizado pola falta de profesionais e por unha maior sobrecarga asistencial derivada dos desprazamentos estivais.
CIG-Saúde esiximos que se aboen as retribucións ás que teñen dereito sen máis demoras.
Novas Relacionadas
Últimas novas