O SERGAS limita a suba salarial ás/ós traballadoras/es da sanidade

A suba salarial do 0,5% correspondente a este ano 2023 non vai incrementar a retribución das gardas, festividade e nocturnidade

  • Mesa Sectorial
  • Sanidade Pública

A suba salarial do 0,5% correspondente a este ano 2023 non vai incrementar a retribución das gardas, festividade e nocturnidade.

Na mesa sectorial de hoxe o SERGAS di que non pode efectuar esta suba xa que o acordo de 20 de abril incrementa estas retribucións por encima deste 0,5%.

Para CIG-Saúde é inadmisible esta postura, xa que o acordo establecía unha suba destes conceptos pero non a vinculaba en ningún caso coas subas estatais pendentes.

O SERGAS incluso afirma que pode que pase o mesmo o vindeiro ano.

CIG-Saúde esixe que as subas salariais que se van a aplicar o sector sanitario público se apliquen en todos os conceptos!!

Basta de aforros!!

Volver