O SERGAS mantén os actuais criterios de cese e incorporación

Información da Mesa Sectorial do 17 de outubro

  • Mesa Sectorial
  • Sanidade Pública

O SERGAS enviara unha modificación á totalidade dos criterios de cese que tiñamos ata o día de agora, que significaba o cese de todas interinidades fora ou non necesario.

A isto CIG-Saúde enviou alegacións á totalidade, xa que para nós eliminar a taxa de temporalidade significa incluír nas ofertas de emprego todas as prazas vacantes de todas as categorías.

Na Mesa Sectorial de hoxe acadamos o compromiso do SERGAS de manter os actuais criterios de cese e adiar a negociación. CIG-Saúde esixe para retomar para esta negociación un compromiso real de ofertar TODAS as prazas vacantes, ocupadas ou non, nas ofertas de emprego.

A FIXEZA É A SOLUCIÓN REAL Á TEMPORALIDADE!!

Preme aquí para ver as alegacións enviadas.

Volver