O SERGAS NON paga as quendas coincidentes coa OPE ao persoal do grupo auxiliar da función administrativa

  • Oposicións
  • Sanidade Pública

O SERGAS NON paga as quendas coincidentes coa OPE ao persoal do grupo auxiliar da función administrativa

CIG-Saúde solicitara en Mesa Sectorial que as quendas coincidentes cos días de exame de OPE sexan retribuídas as/os profesionais que as realizan como día de especial significación.

Nun primeiro momento o SERGAS negouse ao pago destas retribucións, agora envía instrución onde só pensa retribuír nas categorías de:

celador/a, técnica/o superior en imaxe para o diagnóstico, enfermeira/o especialista en saúde mental, enfermeiro/a especialista en enfermería pediátrica, enfermeira/o especialista en obstetricia-xinecoloxía e enfermeira/o especialista familar e comunitaria

Aboando un módulo de festivo nas quendas que corresponda a sábado, e dous nas de domingo.

 

Pero que pasa co grupo auxiliar da función administrativa ?

O SERGAS pretende que as/os profesionais desta categoría vaian a cubrir estas quendas de traballo sen a retribución adicional por día de especial significación!!

Pese a que CIG-Saúde alertou ao SERGAS que esta categoría ten atención continuada os 365 días do ano, que o día da OPE é necesaria a cobertura deste colectivo e que polo tanto debe pagar o día como especial significación ao igual que o resto das categorías, o SERGAS opta por continuar facendo esta “diferenciación”.

CIG-Saúde esixe que se recoñeza xa as quendas coincidentes cos días de celebración de exame de OPE como días de especial significación en TÓDALAS CATEGORÍAS!!

Volver