O SERGAS oferta vacantes "saltándose" as listas de contratación
CIG-Saúde non vai permitir que se incumpra o pacto de contratacións en favor dun modelo de contrato fracasado
- Sanidade Pública
- Selección Temporal
O SERGAS acordou coas OOSS asinantes (CESM-OMEGA, CSIF, UGT e SATSE) do acordo de contratos de continuidade que as/os profesionais que teñen este contrato pasarían directamente a un contrato de interinidade en praza vacante.
Para CIG-Saúde esa interinidade é un contrato que non ten nada que ver co de continuidade e polo tanto ten que ofrecerse ao primeiro dispoñible nas listas.
Pero a maiores o SERGAS acordou que poidan renunciar a esa interinidade e optar a outras, cando isto non se lle permite ao resto de aspirantes.
CIG-Saúde denuncia este acordo porque vulnera o actual pacto de contratacións.
Que persegue o SERGAS con isto?
Como os contratos de continuidade non resultaron o “gran contrato” que quixeron vender, agora buscan darlle un valor adicional para “forzar” as/os profesionais a que opten por el.