O SERGAS pagará a Quenda Rotatoria Complexa ao persoal de xestión e servizos dos PACS

  • Atención primaria
  • Sanidade Pública

Logo da denuncia feita por CIG-Saúde, o SERGAS confirma que había un problema técnico no aplicativo de nóminas que impedía o pago do Complemento de Quenda Rotatoria Complexa ao persoal de xestión e servizos dos PACs.

Confirman que o problema está resolto e que se aboará nesta nómina de xullo se fose posible nas áreas, ou senón na de agosto con efectos retroactivos do 1 de maio.

Volver