O SERGAS penaliza ás profesionais de atención primaria por ter lista de agarda nas súas consultas

  • Sanidade Pública

CIG-Saúde denuncia que as profesionais da Atención Primaria son penalizadas por ter lista de agarda nas súas consultas cando non depende delas evitala.

O SERGAS está a penalizar ás profesionais de medicina de familia, enfermaría e pediatría por unhas listas de agarda que non son responsabilidade destas profesionais senón da propia Administración, que non substitúe ausencias nin dota aos centros de saúde das profesionais necesarias para atender con calidade e sen demoras as necesidades da cidadanía.

O SERGAS está a utilizar un indicador, nos chamados Acordos de Xestión (ADX), que mide a ACCESIBILIDADE NA PRESTACIÓN DE SERVIZOS. Este indicador ten, no caso da medicina de familia, dúas partes, unha mide a “Demora para consulta” (demanda) e outra mide a “Demora para renovación de receitas”. Se esta demora é ≥ a 4 días descóntase un 6% por cada tipo de consulta do Complemento de Produtividade Variable (CPV), que forma parte do salario da profesional. No caso da enfermaría, a penalización vai do 10 ao 20%.

CIG-Saúde denuncia que:

  • Fronte a un problema evidente, como son as listas de agarda en Atención Primaria, a solución do SERGAS pasa por penalizar as
  • E tamén que, unha vez máis, os chamados Acordos de Xestión (ADX), que non son acordos nin xestionan nada, impoñen indicadores que afectan ás retribucións das profesionais e que en realidade miden cuestións que son responsabilidade das propias

Ao final, as consecuencias das políticas de xestión de persoal dos últimos 15 anos, que nos deixaron con cadros de persoal minguados e sen posibilidade de recambio, son utilizadas pola Administración para penalizar ás profesionais.

CIG-Saúde exixe a retirada inmediata dos indicadores de demora en Atención Primaria dos ADX.

Volver