O SERGAS recúa e prorroga os contratos do persoal con COVID ata que reciban a alta

  • Coronavirus
  • Sanidade Pública
  • Selección Temporal

Despois da denuncia pública feita por CIG-Saúde, o SERGAS reacciona sacando a instrución 12/2020 onde di:
 
Única.- A aqueles/as profesionais que estean a prestar servizos no Sistema Público de Saúde de Galicia en virtude dun nomeamento temporal de carácter eventual, e que durante a vixencia da súa vinculación sexan declarados na situación de incapacidade temporal polo motivo de illamento ou contaxio provocado polo virus COVID-19, estean ou non a prestar servizos en Unidades directamente vinculadas coa prestación asistencial a pacientes afectados por este virus, manterán a vixencia do seu nomeamento e prorrogaráselle este, como mínimo, ata que se expida a correspondente alta médica por este motivo.
A prórroga do nomeamento do/a profesional, máis alá da alta médica, virá determinada, no seu caso, por necesidades asistenciais.
 

Está claro que só actúan cando ven comprometida a súa imaxe pública.

Se precisas máis información diríxete as/os nosas/os delegadas/os no teu centro de traballo.

Volver