O SERGAS recoñecerá ás persoas das listas de contratacións en suspensión de chamamentos derivadas do embarazo e/ou nacemento, os servizos prestados en TODOS os vínculos que lle correspondan
- Sanidade Pública
- Selección Temporal
CIG-Saúde acordou na comisión central de contratacións desta medida de igualdade para o persoal temporal, pola que levamos máis de un ano esperando a que se aplique.
CIG-Saúde leva anos denunciando a discriminación que sofre o persoal temporal, que debido á pésima xestión da contratación do SERGAS ven minorados os seus servizos prestados por ter unha/un filla/o.
Modificación proposta polo SERGAS pendente de aprobación na mesa sectorial de sanidade:
Nas situacións de suspensión de chamamentos, no suposto de nacemento de fillo/a, adopción legal, suspensión por risco durante o embarazo e incapacidade temporal común derivada de embarazo, ofertaránselle á persoa aspirante os nomeamentos correspondentes á súa categoría.
De corresponderlle, segundo a orde de prelación que ocupa na lista a adxudicación dun vínculo, formalizarase o correspondente nomeamento desde a data prevista de inicio da prestación de servizos, naqueles supostos nos que a normativa de seguridade social así o permita.
En todos os supostos recoñecerase como tempo traballado a efectos administrativos o período de duración dos vínculos que pola súa orde de posición na lista, lle correspondesen.
CIG-Saúde instará ao SERGAS a seguir avanzando en medidas de igualdade e/ou protección á maternidade!