O SERGAS sáltase unha vez máis o Pacto de Contratacións de FEAS

O SERGAS informou na Mesa sectorial de que as 125 prazas consolidadas dos servizos determinados de FEAS e que se recollen nos orzamentos do 2024, serán cubertas saltándose o pacto de selección temporal de FEAs

  • Sanidade Pública
  • Selección Temporal

O SERGAS SÁLTASE UNHA VEZ MÁIS O PACTO DE CONTRATACIÓNS DE FEAS

CIG-Saúde no ano 2021 acordou a creación dunha lista de garantías coa condición de que rematada a OPE do 2019, se chamaría polas listas de contratación de FEAS vixentes.

Isto incumpriuse por parte do SERGAS prorrogando estes contratos no 2023, e así o denunciamos na mesa sectorial no seu día.

Agora, unha vez máis, vulneran o acordado na mesa sectorial asignando directamente a interinidade ás mesmas persoas.

O SERGAS informou na Mesa sectorial de que as 125 prazas consolidadas dos servizos determinados de FEAS e que se recollen nos orzamentos do 2024, serán cubertas saltándose o pacto de selección temporal de FEAs.

Segundo explicaron, a orde de reparto desas 125 prazas vacantes sería o seguinte:

1º Ofertarase interinidade ás persoas da lista de garantías do ano 2021 ás que lles prorrogaron o contrato no 2023.

2º Ofertarase interinidade ás persoas en servizos determinados dende fai máis de 3 anos, é dicir, anteriores ao 01/01/2021.

3º Ofertarase interinidade ás persoas en servizos determinados chamados con criterio de primeiro de lista, a través de lista de contratacións.

4º Ofertarase interinidade por orde de prelación na lista de contratacións de FEAs.

 Para CIG-Saúde todos os contratos de FEAS débense ofertar a través do pacto de contratacións.

Volver