O SERGAS súmase á nova moda dos PAC sen médico/a
Para CIG-Saúde o trato que o SERGAS dá á profesión enfermeira é denigrante e inaceptable
- AgEnfermeira
- Atención primaria
- Sanidade Pública
Segundo escoitamos nos medios de comunicación o SERGAS pretende que un equipo do 061 forme os/as enfermeiros/as de Pontevedra para que queden sen médico/a no PAC, pero isto que é? Ata que punto pretende o SERGAS desprestixiar e desvalorizar a profesión?
Por se non o sabe o SERGAS, os/as enfermeiros/as temos un grao universitario, unha profesión con competencias propias e non somos o comodín de ninguén. Non imos asumir responsabilidades que son competencia exclusiva doutras categorías.
Os/as enfermeiros/as somos un dos piares básicos da sanidade e non imos permitir este desprestixio e trato denigrante ao que nos somete este goberno!!
Un PAC ten que ter un equipo multidisciplinar no que o/a enfermeiro/a só é substituto/a de si mesmo/a.
Basta xa!
Se non hai médicos/as, primeiro haberá que analizar o motivo e despois actuar consecuentemente. Pero en ningún caso a solución pode pasar por deixar os centros sen médico/a.
O PP debe recoñecer o seu fracaso absoluto na xestión da atención primaria.
Non sería mellor centrar os esforzos en mellorar as condicións de traballo dos/as profesionais para facer atractivo o traballo nos PACs e nos Centros de Saúde?
Se ao SERGAS lle importa a atención primaria, ten que apostar por reconstruíla, apostar por unha sanidade pública de calidade e, en definitiva, apostar polos/as grandes profesionais que a integran!!