O SERGAS segue "utilizando" o plan de emerxencias da COVID-19 en lugar de apostar pola estabilización

  • Sanidade Pública
  • Selección Temporal

O pasado xoves, 18 de novembro, o SERGAS e as OOSS asinantes do plan de continxencias da COVID-19 (CCOO,CSIF e SATSE) e do contrato de continuidade (CSIF, SATSE, UGT e CESM-OMEGA) comunican a renovación dos contratos de “emerxencia sanitaria”.

Pretenden que a prórroga de 3 meses para os contratos eventuais por emerxencia sanitaria, e a prórroga de 6 meses do contrato de continuidade por emerxencia sanitaria sexa obrigatoria.

Para CIG-Saúde isto é un atropelo. Non se pode continuar prorrogando uns contratos de forma obrigatoria cando os e as profesionais os aceptaron en base a unhas condicións que agora se rompen.

O SERGAS no canto de planificar e organizar os recursos humanos segue coa improvisación á que nos ten acostumados.

As Xerencias están “tapando” con estes contratos de emerxencia sanitaria ocos estruturais, cando a natureza destes vínculos era outra: “Ese nomeamento permitirá atender necesidades de persoal que se produzan, en centros de atención primaria e hospitalaria, e centros sociosanitarios, durante a situación de emerxencia sanitaria: atención directamente vinculada á causa da emerxencia sanitaria (COVID-19), cobertura de ausencias, reforzo de unidades, novas actividades vinculadas a COVID-19...”

A realidade é que a emerxencia sanitaria mudou as súas características, e en lugar de recoñecer que os e as profesionais son necesarios dentro da estrutura do SERGAS estabilizando os postos de traballo,  o que fai é prolongar a inestabilidade deses contratos e deses/as profesionais.

A estabilidade mellora a calidade asistencial e fideliza profesionais!!

Volver