O SERGAS suspende a mesa sectorial sen nova data

  • Mesa Sectorial
  • Sanidade Pública

CIG-Saúde denuncia que o SERGAS tiña previsto para hoxe, 26 de maio unha reunión da mesa sectorial, a cal foi suspendida sen previsión da nova data.

CIG-Saúde tiña solicitada a inclusión dos seguintes temas na orde do día para o seu tratamento:

  • Conclusións dos grupos de traballo de fin de folga de Atención Primaria do mes de Novembro de 2025.
  • Unidade de apoio á atención primaria: dependencia orgánica, carteira de servizos, funcións e tarefas a realizar, dotación de persoal e tipo de vinculación.
  • PSX: condicións de traballo, posta en marcha de novos programas informáticos sen formación (SIGAP).
  • Regulación dos criterios e condicións para o acceso ao cobro do CPV dentro do SERGAS.
  • Posta en marcha da Unidade de Radioterapia na área sanitaria de Pontevedra: cronograma da implantación, dotación de persoal, sobrecarga nas áreas de Vigo e Ourense.
  • Concurso específico da enfermaría familiar e comunitaria: Valoración das alegacións e publicación do concurso.
  • Concurso de traslados aberto e permanente: valoración das alegacións para cambiar o procedemento, retirada do requisito de un ano para participar, revisión dos baremos. Prazas a ofertar no proceso do ano 2026.
  • Técnicos/as superiores en documentación sanitaria: privatización da codificación das historias clínicas, aposta e desenvolvemento da categoría no SERGAS.
  • Retirada nos ADX do indicador referido á Incapacidade Temporal.
  • Valoración da voluntariedade para a cobertura dos PACs. Seguimento e criterios que aplican nas áreas sanitarias.
  • Persoal médico de urxencias hospitalarias: medidas urxentes no servizo de urxencias do CHUO.
  • Grupo de traballo de enfermería: análise da situación de sobrecarga, ratios de persoal, implantación das especialidades...
  • Comisión de permisos e licenzas: cronograma de reunións.

Sen negociación o SERGAS non avanza!!

Volver