O servizo de dixestivo segue ano e medio despois, abandonado polos responsables da sanidade galega

  • Burela

CIG SAÚDE DENUNCIABA O 7 DE AGOSTO DO 2023 O DESMANTELAMENTO DO SERVIZO DE DIXESTIVO DO HOSPITAL DA MARIÑA. OS ESFORZOS POR MELLORAR O SERVIZO FORON NULOS.

Dende CIG SAÚDE denunciaban en agosto do 2023  que o Hospital da Mariña, un hospital Xeral básico, estaba dotado con tan so dúas facultativas especialistas en aparello dixestivo. A data 01 de febreiro do 2023,  unha soa Dixestóloga quedábase ao fronte do servizo.

A día de hoxe e logo de pasado ano e medio, a situación segue sendo a mesma   Unha soa Dixestóloga ao fronte dun servizo que, grazas ao esquecemento dos dirixentes da  sanidade Galega, é incapaz de atender as demandas sanitarias da cidadanía da Mariña.

Segundo a Central Nacionalista, o hospital da Mariña debera estar dotado de cando menos 4 médicos especialistas en dixestivo para cubrir as necesidades dunha Comarca con mais de  72.000 habitantes e poder ofertar un servizo de calidade cubrindo as seguintes necesidades:

  • Manter activa unha consulta diaria
  • Realizar as probas terapéuticas e as diagnosticas do aparello dixestivo das prioridades 1, 2 e 3.
  • Asumir patoloxías tumorais do aparello dixestivo.
  • Ter a cargo pacientes de dixestivo ingresados.
  • Realizar o cribado de cancro colorectal dos pacientes da Mariña.
  • Participar nos ensaios clínicos para acadar un nivel óptimo de experiencia e dar visibilidade ao Centro Hospitalario.
  • Asumir o cadro de gardas hospitalarias.

 

CONSECUENCIAS DE TER UNHA SOA MÉDICA DIXESTÓLOGA

Dende CIG Saúde A Mariña explican novamente que “cun só unha Dixestóloga é imposible atender unha consulta diaria, pacientes ingresos na planta, facer as probas diagnósticas mais as terapéuticas do aparello dixestivo e  asumir o cadro de gardas hospitalarias”, polo que:

  1. O hospital da Mariña non pode asumir ingresos da especialidade de Dixestivo, tendo que asumir a especialidade de Medicina Interna ditos ingresos
  2. Non se pode asumir unha consulta diaria pasando a ter unha consulta á semana.
  3. Diminúe a capacidade para asumir probas e aumenta significativamente o tempo para a realización das mesmas.
  4. Derívanse ás clínicas privadas de Lugo un gran número de probas diagnosticas de pacientes con prioridade 2 e 3, (no que vai de ano preto de 300 pacientes derivados á privada).
  5. Incremento das lista de agarda con pacientes con mais de un ano de espera.
  6. O día seguinte ás gardas hospitalarias (24 horas de traballo continuado) suspendese toda actividade do servizo por descanso da única Dixestóloga. 

Para a CIG-Saúde da mariña este é outro exemplo  mais do ABANDONO absoluto no que se atopa o Centro Hospitalario e a veciñanza da Mariña por parte da Consellería do SERGAS coa complicidade do Xerente da Área Sanitaria de Lugo e da Dirección do Hospital da Mariña, provocando longas listas de espera, atrasos nos diagnósticos e derivacións de pacientes da Mariña aos hospitais privados de Lugo, a mais de 100Km de distancia polo que voltamos preguntar se son estes os MAIS E MELLORES SERVIZOS que o Partido Popular anunciou ata a saciedade para o Hospital da Mariña e se esta é a sanidade que se merecen as e os Mariñáns.

Volver