O Sr. Xerente non conta a verdade, e sábeo

  • Lugo

Onte, fixemos unha concentración na entrada do Hula para esixir o dereito ao desfrute dos nosos permisos. Aínda que o xerente diga o contrario, nós e vós sabemos que son moitos os permisos que se denegan case a diario. E nalgunha categoría, coma por exemplo na de enfermaría, é practicamente sistemática. Si, señor xerente, case sistemática.

E isto non leva pasando uns días, levamos moitos meses sufrindo a denegación non só dos DLDs, senón tamén doutros permisos coma os de  formación.

Non viva só no seu mundo señor xerente, baixe da terceira planta e explíquenos como pode ser que a día de hoxe haxa compañeiras enfermeiras ás que este hospital lles adeuda 8 días libres do ano 2021.Días que foron solicitados en tempo e forma e xa foron DENEGADOS en varias ocasións.

Señor xerente, non conte verdades a medias, non minta… Ou non lle contan a verdade a vostede? Teremos que ir as enfermeiras do HULA polo seu despacho  para contarlla? Entérese de que SI se están DENEGANDO os permisos, sen sequera esgotar todas as posibilidades de substitución.

XESTIONEN señor Xerente! Traballen para que este persoal ao igual que outro persoal desta mesma EOXI poida desfrutar dos SEUS días que lle corresponden por dereito.

Cal é a razón para que non se empreguen os mesmos criterios de substitución que no resto da EOXI?

Por que teñen que pagar @s enfermeir@s deste hospital as consecuencias dunhas direccións sen timón nin dirección???

Volver