O tempo danos a razón

CIG-Saúde seguimos rexeitando o Plano de continxencias COVID do SERGAS

  • Sanidade Pública

Na Mesa Sectorial de Sanidade do pasado día 25 de novembro de 2020 aprobouse o Plano de continxencias COVID-19 do SERGAS, co voto en contra de CIG-SAÚDE.

Para CIG-Saúde o mais importante era a estabilidade na contratación do persoal durante todo o estado de alarma e que isto tivera continuidade no futuro.

As xerencias están a utilizar os contratos por emerxencia sanitaria para cubrir todo tipo de ausencias, pasando as traballadoras a ser un correquendas, un pool, pero cun contrato asinado de 6 meses, sen carteleiras estables e sen ter un servizo asignado.

Con isto, estabilízase a precariedade, non desaparece.

Para CIG-Saúde a inclusión dun permiso de ata 3 días durante o estado de alarma polo uso continuado de EPIs cunha redacción tan ambigua é un despropósito.

No seu día xa denunciamos que era un permiso moi ambiguo que ía xerar diferenzas entre as distintas categorías, e incluso dentro da mesma categoría entre diferentes unidades, e entre as distintas xerencias.

Os criterios interpretativos acordados na comisión de seguimento do acordo seguen sen clarificar:

  • Que se entende por uso continuado ou por uso esporádico de EPIS?
  • Os días xerados no 2020, ata cando se poden solicitar?
  • Que criterios se utilizan para a concesión deste permiso en atención primaria? Queda a criterio e libre interpretación de cada xerencia?

Este permiso no momento no que se atopa a pandemia é unha falacia. Coa indispoñibilidade de persoal existente e coa prohibición de contratar para a súa cobertura, faise imposible a concesión destes permisos.

Volver