O tempo danos a razón
Ditame da Comisión Para a Reconstrución Social e Económica
- Atención primaria
- Coronavirus
- Sanidade Pública
- Taxa de reposición
O tempo danos a razón, moitas das reivindicacións presentadas nos últimos anos por CIG-Saúde son agora recollidas no “Ditame da Comisión Para a Reconstrución Social e Económica” elaborado pola comisión creada no Parlamento español.
Só falta que estas conclusións sexan aprobadas polo Pleno do Parlamento.
Desde CIG-SAÚDE temos que mostrar a nosa decepción con parte deste documento, xa que incorpora elementos perigosos para a Sanidade Pública e non aceptou incorporar propostas tan importantes como:
• A eliminación da Lei 15/1997, de 25 de abril sobre habilitación de novas fórmulas de xestión do sistema nacional de saúde.
• Tampouco se aceptou falar da xubilación parcial ou anticipada do persoal da sanidade, a pesares que os protocolos recollen ao persoal maior de 60 anos como persoal sensible ao risco.
A pesares disto, imos falar dos temas que si recolle o ditame, e que seguiremos a demandar que se negociación na mesa sectorial do SERGAS:
Algunhas das medidas recollidas no ditame que son materia de negociación na mesa sectorial |
|
Propostas do Ditame |
Reivindicacións CIG-SAÚDE desde 2010 |
Medidas urxentes para acabar coa precariedade laboral. |
Negociar unha Orde de vínculos para contratar ao persoal pola causa que orixinou o contrato. |
Eliminar a taxa de reposición. |
Reivindicación que presentamos ano tras ano desde a súa implantación no ano 2010. |
Poñer en marcha un plan de RRHH, cuxo obxectivo sexa a estabilidade laboral. |
Negociar na mesa sectorial un Plano de Emprego que permita convocar o 100% das prazas vacantes desde o ano 2010. Ter un sistema identificativo de prazas. |
Establecer modelos retributivos que recoñezan a prestación de servizo do persoal da sanidade. |
Exiximos a recuperación do acordo retributivo asinado no 2008, suspendido por Feijóo no 2010. Exiximos a retribución do complemento específico recollido na Orde de nóminas para empregadxs da Xunta de Galiza. |
Revisar o número de profesionais que configuran os actuais cadros de persoal para adecualos ás necesidades asistenciais. |
Negociar na mesa sectorial o ratio de profesionais para adaptalos ás necesidades asistenciais. |
Por en marcha plans de formación específicos en atención ao COVID. |
Reivindicación presentada en todas as reunións de saúde laboral. |
Impulsar políticas de igualdade de xénero e da conciliación da vida persoal e laboral. |
Demandamos a adaptación ao SERGAS das medidas de igualdade, tendo en conta a prestación de servizo a quendas durante as 24hs, e os 365 días do ano. |
Establecer plans estratéxicos de persoal que permitan reforzar os cadros de persoal en momentos de máxima tensión. COVID. |
Reiteradamente, vimos demandando a convocatoria dunha mesa sectorial para negociar un plan de continxencias no SERGAS fronte a COVID. |
Agora o que ten que facer o SERGAS é convocar a mesa sectorial para negociar todas estas materias; unha negociación de boa fe e con transparencia.
Para todo isto necesitamos a túa implicación e participación.