Oferta de destinos do concurso de traslados aberto e permanente
Publicado hoxe en DOG
- Concurso de traslados
- Sanidade Pública
A relación de prazas ofertadas por categoría e os centros nos cales poden existir resultas está publicada na páxina web do Servizo Galego de Saúde pincha aqui.
Os/as profesionais que figuren na relación de participantes deste ciclo, salvo na categoría de médico/a de familia de atención primaria, disporán dun prazo de quince días naturais (do 9 ata o 23 de xuño), contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poderen modificar a través de Fides/expedient-e, no seu formulario de participación, a selección de destinos efectuada, se así o desexan.
As modificacións que se realicen na selección de destinos deberanse presentar por rexistro electrónico e non requirirán a entrega de ningunha documentación. Terase en conta a última modificación presentada por rexistro electrónico dentro do prazo indicado.