Oferta de emprego público para a provisión de postos de difícil cobertura.

Apróbase unha oferta de emprego público para o ano 2026 para a incorporación estable e permanente de persoal estatutario da categoría de médico/a de urxencias hospitalarias no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

  • Oposicións

O número de prazas que integran esta oferta de emprego público é de 25.

O sitema de selección e convocatoria será o concurso.

Tras a entrada en vigor deste decreto aprobarase e publicarase a convocatoria do concurso para acceder ás 25 prazas da categoría de médico/a de urxencias hospitalarias no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

A convocatoria que execute a oferta de emprego público recollerá o sistema de selección por concurso, consonte o baremo de méritos.

Co fin de facilitar e simplificar as relacións entre a Administración e as persoas aspirantes, a través da Oficina Virtual do Profesional (Fides/expedient-e) e da páxina web do organismo (www.sergas.es) facilitarase toda a información que afecte o desenvolvemento do proceso e que resulte de interese para as persoas aspirantes, sen prexuízo da preceptiva publicación no Diario Oficial de Galicia das resolucións que se determinen na convocatoria.

 

 

 

 

 

 

Volver