Oito meses despois o hospital da Mariña segue cun só cardiólogo
Un profesional para atender a máis de 72.000 pacientes
- Burela
A CIG-Saúde da Mariña denunciaba o 16 de febreiro de 2024 que o hospital quedaba cun só especialista en cardioloxía. Un centro hospitalario dotado con so tres prazas para atender a mais de 72.000 pacientes entraba en coma ao quedar un so especialista ao fronte do servizo.
A pasividade do Xerente da Área sumado a pésima xestión da dirección do centro fan que, oito meses despois, a situación non so non mudou, se non que camiña cara a morte do servizo. A semana pasada, a comarca da Mariña quedaba 3 días sen cardiólogo (23, 24 e 25) e fomos coñecedores de que está anunciado o peche do servizo a partir do 28 de novembro e ata cando menos o 13 de xaneiro por ausencia do único especialista que soporta a demanda cardiolóxica na Mariña.
A causa desta situación é o ABANDONO absoluto no que se atopa o Centro Hospitalario e a veciñanza da Mariña por parte da Consellería do SERGAS coa complicidade do Xerente da Área Sanitaria de Lugo e da Dirección do Hospital da Mariña, provocando ingresos de pacientes da Mariña en Lugo, a mais de 100Km e arrastrando con eles as súas familias.
CONSECUENCIAS DE TER UN SO CARDIÓLOGO
Dende CIG Saúde A Mariña explican novamente que “cun só un cardiólogo é imposible atender a consulta diaria, os ingresos na planta, facer as probas cardiolóxicas e atender urxencias”, polo que:
1. O Hospital da Mariña non asume ingresos de pacientes de cardioloxía.
2. Os pacientes de cardioloxía que precisan de ingreso son trasladados ao HULA onde chegan sen cama asignada, tendo que acudir por Urxencias.
3. Os pacientes cun episodio cardiovascular agudo que acoden a Hemodinámica do HULA por precisar dun cateterismo, non volven para o Hospital da Mariña quedando ingresados en Lugo por falta de especialistas na Mariña.
4. Cardioloxía da Mariña queda limitada a atender a consulta e facer probas cardiolóxicas.
CONSECUENCIAS DE QUEDARNOS SEN CARDIÓLOGOS
1. O Hospital da Mariña non asume ingresos de pacientes de cardioloxía.
2. Os pacientes de cardioloxía que precisan de ingreso son trasladados ao HULA onde chegan sen cama asignada, tendo que acudir por Urxencias.
3. Os pacientes cun episodio cardiovascular agudo que acoden a Hemodinámica do HULA por precisar dun cateterismo, non volven para o Hospital da Mariña quedando ingresados en Lugo por falta de especialistas na Mariña.
4. Desaparece o servizo de Cardioloxía da Mariña. Calquera paciente que entre por urxencias e precise de probas cardiolóxicas será citado para a realización das mesmas no Hula, demorando deste xeito seu diagnostico.
5. Aumentarían inda mais as listas de agarda para a realización de probas, tanto as primeiras consultas para diagnosticar como as consultas de revisión imprescindibles, multiplicando deste xeito as longas listas actuais.
DANOS COLATERAIS DO DESMANTELAMENTO DE CARDIOLOXÍA
A ambulancia medicalizada que hai na comarca (con base en Foz) está asumindo os traslados dos pacientes de cardioloxía ao HULA, deixando á Comarca sen a única ambulancia que permite prestar asistencia sanitaria in situ a pacientes críticos, no menor tempo posible, con persoal especializado e cos elementos necesarios para a realización de manobras de soporte vital avanzado.
ONDE ESTÁN OS MAIS E MELLORES SERVIZOS
Cansáronse de dicir que pasar a depender de Lugo ía traernos MAIS E MELLORES SERVIZOS e o tempo danos a razón sentencian dende a Central Nacionalista. Este é o froito das políticas sanitarias do Partido Popular polas cales “atopámonos con menos e peores servizos, máis derivacións e ingresos no HULA de pacientes da Mariña, máis listas de agarda e a imposibilidade de garantir una sanidade digna e de proximidade que releva aos mariñaos e mariñás a pacientes de segunda categoría”, sinalan dende a CIG-Saúde.