OPE: adxudicación definitiva de destinos e toma de posesión da categoría de TCAE

  • Oposicións
  • Sanidade Pública

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se procede ao nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo ás persoas aspirantes seleccionadas no concurso-oposición para o ingreso na categoría de técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría, convocado pola Resolución do 15 de decembro de 2022.

Nomease persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde, na categoría de técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría, as persoas aspirantes seleccionadas que se inclúen no anexo desta resolución.

Adxudícaselle ás ditas persoas aspirantes, con carácter de destino definitivo, a praza correspondente que figura no indicado anexo.

As persoas aspirantes nomeadas disporán do prazo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para incorporarse á praza adxudicada.

De conformidade coa disposición adicional segunda do Decreto 70/2017, do 13 de xullo, polo que se regula a formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero do persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, como condición para o perfeccionamento do nomeamento que se expida, as persoas aspirantes seleccionadas deberán realizar, con carácter obrigatorio e nun prazo non superior aos seis meses contados desde a data de publicación do correspondente nomeamento como persoal estatutario fixo no Diario Oficial de Galicia, as actividades formativas para a obtención do nivel básico de coñecemento en materia de igualdade de xénero e prevención e loita contra a violencia de xénero que recolle o artigo 157 da Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición, ante esta dirección, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente, na xurisdición contencioso-administrativa, nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Volver