OPE: baremación definitiva da fase de concurso e relación de persoas aspirantes seleccionadas de diversas clases de persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria (Lei 17/1989, do 23 de outubro)
Publicado hoxe en DOG
- Sanidade Pública
Publicar, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), o acordo do tribunal relativo á puntuación definitiva da fase de concurso obtida polas persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso en diversas clases de persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria
De conformidade coa base 9.1) da convocatoria, as persoas aspirantes seleccionadas que se relacionan no anexo desta resolución disporán do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, para presentaren a seguinte documentación:
a) Declaración, baixo a súa responsabilidade, de non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin encontrarse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial.
b) Certificado médico en que se acredite a capacidade funcional necesaria para o desempeño das funcións propias da clase.
c) Declaración, baixo a súa responsabilidade, de non ter a condición de persoal funcionario de carreira da mesma clase a que opta.
d) As persoas participantes que accedan pola quenda de persoas con discapacidade deberán achegar neste momento, ademais da documentación anterior, orixinal ou certificación compulsada acreditativa do mantemento dos requisitos para accederen pola correspondente quenda, de non ter carácter definitivo a resolución pola que se lles recoñeceu a discapacidade, e que foi achegada ao inicio do proceso selectivo.
A documentación requirida nesta resolución deberá presentarse nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e deberá dirixirse á Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde; Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.