OPE celador/a: aspirantes definitivamente seleccionados/as e inicio do plazo de elección de destino
- Oposicións
- Sanidade Pública
Publícase a relación de persoas aspirantes definitivamente seleccionadas no concurso-oposición para o ingreso na categoría de celador/a, polas quendas de acceso libre, promoción interna e discapacidade xeral, segundo a orde que, en aplicación das bases da convocatoria, deberá seguirse para os efectos da adxudicación de destino.
Publícase a relación de persoas aspirantes definitivamente seleccionadas no concurso-oposición para o ingreso na categoría de celador/a, pola quenda de discapacidade intelectual, segundo a orde que, en aplicación das bases da convocatoria, deberá seguirse para os efectos da adxudicación de destino.
Apróbase a relación de destinos que se ofertan ás persoas aspirantes seleccionadas neste proceso, polas quendas de acceso libre, promoción interna e discapacidade xeral.
Abrese un prazo de dez días hábiles (do 2 ao 15 de abril), para que os/as aspirantes das quendas de acceso libre, promoción interna e discapacidade xeral seleccionen telematicamente, a través do sistema de información Fides/expedient-e, os destinos ofertados por orde de prelación.
Apróbse a relación de destinos que se ofertan ás persoas aspirantes seleccionadas neste proceso, pola quenda de discapacidade intelectual.
Abrese un prazo de dez días hábiles (do 2 ao 15 de abril), para que as persoas aspirantes da quenda de discapacidade intelectual seleccionen os destinos ofertados, por orde de prelación, no modelo de formulario que consta en formato editable á disposición dos/das aspirantes na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).
A selección de destinos no dito formulario polas persoas aspirantes da quenda de discapacidade intelectual efectuarase consonte o seguinte procedemento:
a) A persoa aspirante cubrirá os seus datos persoais e seleccionará os destinos ofertados, por orde de prelación, de maior a menor preferencia.
b) Para os efectos da súa indicación no formulario, a persoa aspirante e deberá identificar os destinos polo concello onde están situados.
c) Logo de efectuada a selección de prazas, deberá asinar o formulario e presentalo nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, dentro do prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución.
d) O formulario irá dirixido á Dirección Xeral de Recursos Humanos. Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.
Tras a finalización do prazo de selección de destinos, publicarase na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) unha lista informativa de adxudicación de destinos.
As persoas aspirantes seleccionadas que tamén o sexan na mesma categoría de celador/a no proceso de estabilización convocado polo sistema de concurso de méritos, no caso de que resulten adxudicatarias de destino en ambos os dous procesos, tras a publicación na páxina web do Servizo Galego de Saúde prevista no punto anterior, disporán dun prazo de cinco días hábiles para optar por unha desas dúas prazas. A dita opción deberán formalizala por escrito nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, dirixida á Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.
En caso de non manifestar nada ao respecto no prazo indicado, entenderase que optan pola praza que deriva do proceso selectivo de estabilización polo sistema de concurso de méritos.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase impugnar directamente na xurisdición contencioso-administrativa, nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.
Novas Relacionadas
Últimas novas