OPE: convocatoria para o ingreso na categoría de enfermeira/o
- Oposicións
- Sanidade Pública
Convócase concurso-oposición para o ingreso na categoría de enfermeiro/a.
| Categoría | Subgrupo | Acceso libre | Promoción interna | Reserva discapacidade | Total | Titulación | 
| Enfermeiro/a | A2 | 1.361 | 495 | 124 | 1.980 | Título universitario oficial de grao en enfermaría, diplomatura universitaria de enfermaría ou equivalente | 
As solicitudes de participación poderanse presentar desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 5 de setembro de 2025, ambos os dous días incluídos.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta Dirección Xeral, no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase impugnar directamente na xurisdición contencioso administrativa nos termos da Lei 29/1998, de 13 de xullo.
Novas Relacionadas
Últimas novas
 
			 
			 
       
       
       
       
       
       
       
       
       
      