OPE: enfermeira/o baremación definitiva da fase de concurso e á publicación dos/das aspirantes seleccionados/as
Publicado hoxe en DOG
- Oposicións
- Sanidade Pública
Publicar na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) o acordo do tribunal relativo á puntuación definitiva da fase de concurso obtida polas persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso na categoría de enfermeiro/a, convocado pola Resolución do 15 de marzo de 2022.
De conformidade coa base 9.1) da convocatoria, as persoas aspirantes seleccionadas que se relacionan no anexo desta resolución dispoñerán do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación, para a presentación da seguinte documentación:
- Declaración, baixo a súa responsabilidade, de non ter sido separado/a do servizo, mediante expediente disciplinario, de calquera servizo de saúde ou Administración pública nos seis anos anteriores á convocatoria, nin estar inhabilitado/a con carácter firme para o exercicio de funcións públicas nin, de ser o caso, para a correspondente profesión.
- Certificado médico acreditativo de non padecer enfermidade nin defecto físico que o/a imposibiliten para o exercicio das funcións propias da categoría.
- Por exixencia do artigo 57 da Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e á adolescencia fronte á violencia, certificación do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais e de Trata de Seres Humanos de non ter sido condenado/a por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e indemnidade sexual ou, na súa falta, autorización escrita ao Servizo Galego de Saúde para consultar os datos contidos no citado rexistro e solicitar no seu nome a oportuna certificación.
- Declaración xurada ou promesa de non ter a condición de persoal estatutario fixo da mesma categoría a que opta.
- As persoas aspirantes seleccionadas que accederon pola quenda de persoas con discapacidade deberán presentar neste prazo, ademais da documentación anterior, orixinal ou certificación compulsada acreditativa do mantemento dos requisitos para acceder pola correspondente quenda, de non ter carácter definitivo a resolución pola que se lles recoñeceu a discapacidade, e que foi presentada dentro do prazo de presentación de solicitudes.
A documentación requirida nesta resolución deberá presentarse nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e deberá dirixirse á Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde; Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.