OPE enfermeiro/a: nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo aos/ás aspirantes seleccionados/as
- Oposicións
- Sanidade Pública
Nomease como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde, na categoría de enfermeiro/a, os/as aspirantes seleccionados/as que se inclúen no anexo desta resolución.
Adxudícaselles ás ditas persoas aspirantes, con carácter de destino definitivo, a praza correspondente que figura no indicado anexo.
As persoas aspirantes nomeadas disporán do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para incorporarse á praza adxudicada.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición, ante esta dirección, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente na xurisdición contencioso-administrativa nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.
Novas Relacionadas
Últimas novas