OPE enfermeiro/a: relación de aspirantes definitivamente e se inicia o prazo para a elección de destino
- Oposicións
- Sanidade Pública
Publícase como anexo III a relación de aspirantes definitivamente seleccionados/as no concurso-oposición para o ingreso na categoría de enfermeiro/a segundo a orde que, en aplicación das bases da convocatoria, se deberá seguir para os efectos da adxudicación de destino.
Aprobase a relación de destinos que se lles ofertan aos/ás aspirantes seleccionados/as neste proceso e que figura como anexo IV desta resolución.
Abrese un prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao desta publicación, para que os/as aspirantes que constan nesta resolución seleccionen telematicamente, a través do sistema de información Fides/expedient-e, os destinos ofertados por orde de prelación.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición, ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente, na xurisdición contencioso-administrativa, nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.
Novas Relacionadas
Últimas novas