OPE facultativo/a especialista de área, e nas categorías de médico/a asistencial do 061, médico/a coordinador do 061, médico/a de admisión e documentación clínica e odontólogo/a de atención primaria
Aspirantes definitivamente seleccionados/as e inicio do prazo de elección de destino
Publícase, como anexo I desta resolución, a relación das/dos aspirantes seleccionadas/os neste proceso, segundo a orde que, en aplicación das bases da convocatoria, se deberá seguir para os efectos da adxudicación de destino.
Aprobase a relación de prazas que se lles ofertan aos/ás aspirantes seleccionados/as no proceso, e que figura como anexo II desta resolución.
Abrese un prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte hábil ao desta publicación, para que todos/as os/as aspirantes que figuran no anexo I seleccionen telematicamente, a través do sistema de información Fides/expedient-e, os destinos ofertados por orde de prelación entre a relación de prazas ofertadas.
Tras a finalización do prazo de selección de destinos, publicarase na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) unha listaxe informativa de adxudicación de destinos.
As persoas aspirantes seleccionadas que tamén o sexan na mesma categoría/especialidade de facultativo/a especialista de área e de persoal licenciado sanitario nos procesos de estabilización convocados polo sistema de concurso de méritos, no caso de que resulten adxudicatarios/as de destino en ambos os dous procesos, tras a publicación na páxina web do Servizo Galego de Saúde prevista no punto anterior, disporán dun prazo de cinco días hábiles para optaren por unha desas dúas prazas. A dita opción deberán formalizala por escrito nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, dirixida á Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde; Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.
En caso de non manifestaren nada ao respecto no prazo indicado, entenderase que optan pola praza que deriva do proceso selectivo de estabilización polo sistema de concurso de méritos.
De conformidade coa base 10.4 da convocatoria, co fin de asegurar a cobertura das prazas convocadas, no suposto de situacións en que por diversos motivos as persoas seleccionadas non continúen no proceso, cubrirase a baixa coa persoa aspirante incluída inmediatamente a continuación na relación de seleccionados, pola orde de prelación que resulte da lista definitiva con independencia da quenda de acceso.
Nomeadamente, chamarase a seguinte persoa aspirante nos supostos de:
– Renuncias aos dereitos derivados do proceso selectivo.
– Non reunir os requisitos establecidos na convocatoria para o desempeño da praza.
– Non presentar a documentación requirida.
– Non formular elección de praza en tempo e forma conforme o procedemento establecido.
– Non producirse a toma de posesión na praza adxudicada.
– Ser declarada en situación de excedencia sen dereito a reserva de praza con efectos desde o mesmo día da toma de posesión.
Nos supostos previstos no punto anterior, non se modificará a elección de praza realizada con carácter previo ao nomeamento e adxudicaránselles ás novas persoas aspirantes as prazas resultantes das ditas situacións.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente na xurisdición contencioso-administrativa, nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.
Novas Relacionadas
Actualmente non hai novas
Últimas novas