OPE grupo auxiliar da función administrativa DI: nomeamento do tribunal calificador
- Oposicións
- Sanidade Pública
Mediante a Resolución do 21 de febreiro de 2025 (DOG número 43, do 4 de marzo) nomeouse o tribunal cualificador no proceso selectivo, polo sistema de concurso-oposición, para o ingreso na categoría de grupo auxiliar da función administrativa en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Resolución do 19 de decembro de 2023.
Na base sétima da Resolución do 19 de decembro de 2023, de convocatoria do proceso selectivo, disponse que a autoridade convocante publicará no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se nomeen os novos membros que teñan que substituír os que perderon a súa condición por algunha das causas previstas.
De conformidade coa mencionada base, e por circunstancias sobrevidas, esta dirección, como órgano convocante do proceso,
ACORDA:
Primeiro. Nomear, con efectos desde a data da presente resolución, novos membros do tribunal cualificador do concurso-oposición para o ingreso na categoría de grupo auxiliar da función administrativa en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Resolución do 19 de decembro de 2023 (DOG número 246, do 29 de decembro), nos termos que a seguir se indican:
Presidente titular: Ageitos Pérez, Amador, persoal estatutario de xestión e servizos, grupo auxiliar da función administrativa, en substitución de Cruz Cordeiro, Concepción, persoal estatutario de xestión e servizos, grupo auxiliar da función administrativa.
Vogal titular: Mondelo Estévez, Ángela, persoal estatutario de xestión e servizos, grupo auxiliar da función administrativa, en substitución de Ageitos Pérez, Amador, persoal estatutario de xestión e servizos, grupo auxiliar da función administrativa.
Novas Relacionadas
Últimas novas