OPE. Inicio prazo selección de destino de varias categorías categorías de persoal sanitario de formación profesional
- Oposicións
- Sanidade Pública
Hoxe, publícase resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos pola que se faipública a relación de aspirantes definitivamente seleccionados/as no concurso-oposición e se inicia o prazo para a elección de destino para o ingreso nas seguintes categorías de persoal sanitario de formación profesional:
- Técnico/a en farmacia
- Técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía
- Técnico/a superior en hixiene bucodental
- Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico
- Técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico
- Técnico/a superior en radioterapia
Enlace DOG.
Os/as aspirantes seleccionados/as disporedes do prazo de 10 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación (do 11 ao 24 de novembro) para seleccionar telemáticamente, a través do sistema Fides/expediente-e, os destinos ofertados por orde de prelación.