OPE: listas definitivas de aspirantes admitidos/as e excluídos/as, así como os/as exentos/as e non exentos/as do exercicio de lingua galega de PSX e TCAE
Publicado hoxe en DOG
- Oposicións
- Sanidade Pública
Declárase, con carácter definitivo, os/as aspirantes admitidos/as e excluídos/as, así como os/as exentos/as e non exentos/as da realización do exercicio de lingua galega, no concurso-oposición para o ingreso nas categorías de:
- persoal de servizos xerais
- persoal de servizos xerais (quenda discapacidade intelectual)
- técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría
- técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría ( quenda discapacidade intelectual)
Contra esta resolución as persoas interesadas poderán interpor directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto nos artigos 8.2 e 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Potestativamente, e con carácter previo, poderán interpor recurso de reposición, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, contado desde a mesma data (desde o 19 de setembro ao 18 de outubro).