OPE: modificación do modelo definitivo de respostas e das puntuacións provisionais da fase de oposición no proceso selectivo para o ingreso na categoría do grupo técnico da función administrativa
- Oposicións
- Sanidade Pública
A resolución dun recurso de alzada presentado fronte á Resolución do 7 de xullo de 2025, pola que se publica o modelo definitivo de respostas dos distintos exercicios e das puntuacións provisionais da fase de oposición dos procesos selectivos para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario de xestión e servizos, entre elas a do grupo técnico da función administrativa, considerou parcialmente anular por ser idénticas as preguntas E61 e E70 do exercicio da parte específica, debendo ser substituídas polas preguntas de reserva E108 e E109, respectivamente.
Deste xeito, para dar cumprimento á resolución do recurso de alzada, debe modificarse en tal sentido o modelo definitivo de respostas dos distintos exercicios e das puntuacións provisionais da fase de oposición da categoría do grupo técnico da función administrativa.
Contra esta resolución, as persoas interesadas poderán presentar reclamación ante o tribunal no prazo de cinco días hábiles seguintes ao da súa publicación, unicamente de existiren erros na confección aritmética da puntuación obtida, de conformidade coa base oitava da convocatoria.
As reclamacións deberán presentarse nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, e deberán dirixirse á sede do tribunal para o efecto de comunicacións, situada na Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.
Novas Relacionadas
Últimas novas