OPE: nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo

Para o ingreso en diversas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área e na categoría de médico/a coordinador/a do 061

  • Oposicións
  • Sanidade Pública

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se procede ao nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo das persoas aspirantes seleccionadas nos procesos selectivos, polo sistema de concurso-oposición, para o ingreso en diversas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área e na categoría de médico/a coordinador/a do 061, convocados polas resolucións do 14 de decembro de 2022.

Nomease como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde, en diversas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área e na categoría de médico/a coordinador/a do 061, as persoas aspirantes que se inclúen no anexo I desta resolución.

Adxudícaselles aos/ás ditos/as aspirantes, con carácter de destino definitivo, a praza que figura no referido anexo I.

Declarase finalizados os procesos selectivos para o ingreso, polo sistema de concurso-oposición, nas seguintes categorías/especialidades de persoal licenciado sanitario convocados polas resolucións do 14 de decembro de 2022, sen prexuízo do previsto na base 10.4 da resolución de convocatoria para o suposto de situacións en que as persoas seleccionadas, por diversos motivos, non continúen no proceso:

• Facultativo/a especialista en Medicina Interna.

• Facultativo/a especialista en Oncoloxía Médica.

• Facultativo/a especialista en Pediatría e as súas áreas específicas.

• Facultativo/a especialista en Psiquiatría.

• Médico/a coordinador/a 061.

Os/as aspirantes nomeados/as disporán do prazo dun mes (do 20 de outubro ao 21 de novembro), para incorporarse á praza adxudicada. A toma de posesión da praza efectuarase no centro de xestión ao cal pertenza esta.

A falta de incorporación no prazo referido, cando sexa imputable ao/á interesado/a e non responda a causas xustificadas, producirá o decaemento do seu dereito a obter a condición de persoal estatutario fixo como consecuencia do concreto proceso selectivo.

Os/as aspirantes seleccionados/as deberán realizar, con carácter obrigatorio, e nun prazo non superior aos seis meses contados desde a data de publicación do correspondente nomeamento como persoal estatutario fixo no Diario Oficial de Galicia, as actividades formativas para a obtención do nivel básico de coñecemento en materia de igualdade de xénero e prevención e loita contra a violencia de xénero, que recolle o artigo 157 da Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición, ante esta dirección, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente, na xurisdición contencioso-administrativa, nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Volver