OPE: nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo de diversas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área e de persoal licenciado sanitario

  • Oposicións
  • Sanidade Pública

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se procede ao nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo das persoas aspirantes seleccionadas nos procesos selectivos, polo sistema de concurso-oposición, para o ingreso en diversas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área e de persoal licenciado sanitario, convocados polas resolucións do 14 de decembro de 2022.

Declarase finalizados os procesos selectivos para o ingreso, polo sistema de concurso-oposición, nas seguintes especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área e de persoal licenciado sanitario, convocados polas resolucións do 14 de decembro de 2022:

– Facultativo/a especialista en Cirurxía Cardiovascular.

– Facultativo/a especialista en Cirurxía Oral e Maxilofacial.

– Facultativo/a especialista en Cirurxía Torácica.

– Facultativo/a especialista en Microbioloxía e Parasitoloxía.

– Médico/a asistencial do 061

Os/as aspirantes nomeados/as disporán do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para incorporarse á praza adxudicada. A toma de posesión da praza efectuarase no centro de xestión ao cal pertenza esta.

A falta de incorporación no prazo referido, cando sexa imputable ao/á interesado/a e non responda a causas xustificadas, producirá o decaemento do seu dereito a obter a condición de persoal estatutario fixo como consecuencia do concreto proceso selectivo.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante esta dirección, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente, na xurisdición contencioso-administrativa, nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Volver