OPE: nomeamento como persoal estatutario fixo e a adxudicación de destino definitivo

Para o ingreso en diversas especialidades da categoría de enfermeiro/a especialista, fisioterapeuta e terapeuta ocupacional

  • Oposicións
  • Sanidade Pública

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se efectúan o nomeamento como persoal estatutario fixo e a adxudicación de destino definitivo ás persoas aspirantes seleccionadas nos procesos selectivos, polo sistema de concurso-oposición, para o ingreso en diversas especialidades da categoría de enfermeiro/a especialista, fisioterapeuta e terapeuta ocupacional, convocados polas resolucións do 15 de decembro de 2022.

Adxudicarlles aos/ás ditos/as aspirantes, con carácter de destino definitivo, a praza que figura no indicado anexo.

Os/as aspirantes nomeados/as disporán do prazo dun mes (do 21 de outubro ao 20 de novembro), para incorporarse á praza adxudicada. A toma de posesión da praza efectuarase no centro de xestión ao cal pertenza esta.

A falta de incorporación no prazo referido, cando sexa imputable ao/á interesado/a e non responda a causas xustificadas, producirá o decaemento do seu dereito a obter a condición de persoal estatutario fixo como consecuencia do concreto proceso selectivo.

Os/as aspirantes seleccionados/as deberán realizar, con carácter obrigatorio, e nun prazo non superior aos seis meses contados desde a data de publicación do correspondente nomeamento como persoal estatutario fixo no Diario Oficial de Galicia, as actividades formativas para a obtención do nivel básico de coñecemento en materia de igualdade de xénero e prevención e loita contra a violencia de xénero que recolle o artigo 157 da Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición, ante esta dirección, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente na xurisdición contencioso-administrativa, nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Volver