OPE para o ingreso en diversas clases de persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria (Lei 17/1989, do 23 de outubro)
- Oposicións
Publícase na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) as puntuacións provisionais da fase de concurso obtidas polas persoas aspirantes que superaron a fase de oposición dos procesos selectivos para o ingreso nas clases de farmacéutico/a inspector/a de saúde pública, inspector/a farmacéutico/a, inspector/a médico/a, licenciado/a en ciencias biolóxicas, licenciado/a en ciencias químicas, licenciado/a en farmacia, licenciado/a en medicina e cirurxía, licenciado/a en psicoloxía, ATS/DUE e subinspector/a sanitario/a.
Contra os resultados da baremación provisional, os/as aspirantes poderán presentar reclamación ante o respectivo tribunal de selección no prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (do 10 ao 23 de setembro).
A reclamación deberá presentarse nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e deberá dirixirse á sede do tribunal para os efectos de comunicacións, situada na Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.
A estimación ou desestimación das reclamacións presentadas entenderase implícita na resolución pola que se aproben as puntuacións definitivas da fase de concurso que se publicará no Diario Oficial de Galicia.
Novas Relacionadas
Últimas novas