OPE: persoas aspirantes definitivamente seleccionadas e inicio do prazo de elección de praza en diversas categorías

  • Oposicións
  • Sanidade Pública

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2026, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación de persoas aspirantes definitivamente seleccionadas no concurso-oposición para o ingreso en diversas categorías de
persoal sanitario de formación profesional e se inicia o prazo para a elección de destino.

Categorías de: técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía, técnico/a superior en dietética, técnico/a superior en documentación sanitaria e de técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico.

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2026, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación de persoas aspirantes definitivamente seleccionadas no concurso-oposición para o ingreso nas categorías de grupo
técnico da función administrativa e de grupo de xestión da función administrativa, convocado pola Resolución do 19 de decembro de 2023, e se inicia o prazo para a elección de destino.

Categorías do: grupo técnico da función administrativa e do grupo de xestión da función administrativa.

Prazo de elección de destino de dez (10) días hábiles (do 4 ao 17 de agosto de 2026), contados a partir do seguinte ao desta publicación, para que as persoas aspirantes que constan nestas resolucións seleccionen telematicamente, a través do sistema de información Fides/expedient-e, os destinos ofertados por orde de prelación.

Volver