OPE: próximas publicacións en DOG
concurso de méritos de enfermeiro/a, concurso- oposición de varias categorías publicación de tribunais, listas de admitidos/as e excluídos/as e exentos/as do exercicio da lingua galega...
O SERGAS informa de próximas publicacións en DOG:
Publicación Venres 10 de Novembro
-RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se nomean os tribunais cualificadores no proceso selectivo polo sistema de concurso-oposición para o ingreso á condición de persoal estatutario fixo en diversas categorías convocado por resolucións do 14 e 15 de decembro de 2022.
-RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se declaran, con carácter definitivo, os/as aspirantes admitidos/as e excluídos/as, así como os/as exentos/as e non exentos/as do exercicio de lingua galega no concurso-oposición para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario.
Informámosvos da previsión de publicación a próxima semana no Diario Oficial de Galicia, a resolución pola que se procede ao nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo aos/ás aspirantes seleccionados/as no proceso selectivo de estabilización polo sistema de concurso de méritos para o ingreso na categoría de enfermeiro/a convocado pola Resolución do 26 de decembro de 2022. Os/As aspirantes nomeados/as disporán do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, para incorporarse á praza adxudicada.
Novas Relacionadas
Actualmente non hai novas
Últimas novas