OPE: proceso selectivo, polo sistema de concurso, para o acceso á condición de persoal estatutario fixo en varias categorías de persoal estatutario con título de especialista en ciencias da saúde
- Oposicións
Formulario de inscrición.
As persoas que desexen tomar parte no proceso selectivo deberán cubrir unha única solicitude de participación, en modelo normalizado, a través da Oficina Virtual do Profesional (Fides/expedient-e/Sección de Procesos/Concurso de Méritos), á cal se accederá seguindo as instrucións que se establecen no anexo IV, e que logo de formalizada electronicamente deberán asinar e presentar nos lugares e prazo indicados nos apartados 5.2 e 5.3, respectivamente.
Lugar de presentación.
As solicitudes de participación no concurso dirixiranse a unha unidade de validación das relacionadas no propio formulario electrónico de inscrición e poderán presentarse por rexistro electrónico, de forma presencial no rexistro xeral dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, ou a través de calquera dos procedementos do artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Prazo de presentación.
As solicitudes de participación poderanse presentar desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 15 de xuño de 2026, ambos os dous días incluídos.
Novas Relacionadas
Últimas novas