OPE: publicación das puntuacións definitivas e finalización da fase de oposición nas categorías de persoal de servizos xerais e técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría
Publicado hoxe en DOG
- Oposicións
Dáse publicidade, a través da páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), ás puntuacións definitivas obtidas polos/as aspirantes presentados/as en cada un dos exercicios que integran a fase de oposición dos procesos selectivos para o ingreso nas categorías de:
- persoal de servizos xerais (acceso libre, discapacidade xeral e promoción interna)
- persoal de servizos xerais (discapacidade intelectual)
- técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría (acceso libre, discapacidade xeral e promoción interna)
- técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría (discapacidade intelectual)
Declárase finalizada a fase de oposición do referido proceso selectivo.