OPE: Publicación do lugar, data e hora de realización dos exercicios de oposición en diversas categorías
- Oposicións
Os exames realizaranse no Recinto da Feira Internacional de Galicia Abanca, avenida Recinto Feiral, s/n, Silleda (Pontevedra).
As persoas aspirantes deberán acudir provistas do documento nacional de identidade ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, e de bolígrafo azul ou negro, de tinta indeleble.
A acreditación para o acceso ao lugar de realización das probas realizarase a través de código QR. Cada aspirante terá á súa disposición no FIDES a acreditación persoal con código QR, que deberá imprimir e presentar o día do exame ao persoal colaborador da porta que lle foi asignada, e que lle permitirá o acceso ao interior do lugar de realización das probas.
Deberá comunicarse cunha antelación mínima de 72 horas á data de realización do exame, a situación de embarazo ou posible parto e a súa vontade de realizar a proba no centro sanitario, no correo oposicions@sergas.es
- As mulleres embarazadas ou que desen a luz ese día ou días antes, e que estean ingresadas nun centro hospitalario poderán realizar o exame ese mesmo día no hospital.
- As embarazadas en situación de incapacidade temporal ou parto recente (unha semana) que por razón desas situacións non se poidan desprazar ao lugar de realización das probas, tamén poderán realizar o exame ese mesmo día no hospital.
- A muller que estea de parto o día en que teñan lugar os exercicios da oposición, e á cal non sexa posible realizarlle a proba no hospital, poderá efectuala dentro dos quince (15) días seguintes ao da realización das probas.
As aspirantes que precisen realizar a lactación materna durante os tempos dos exames deberán solicitar a súa realización:
- Prazo de cinco (5) días hábiles seguintes ao da publicación desta resolución.
- No correo oposicions@sergas.es
As aspirantes que desexen realizar a lactación materna antes do inicio dos exames disporán dunha sala habilitada para tal fin no exterior do recinto, sen necesidade de realizar solicitude para o seu uso.

Novas Relacionadas
Últimas novas